Saturday 27 de April de 2024

O Padroado da Cultura abrirá este venres o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais


O Padroado da Cultura abrirá este venres, día 1 de setembro, e ata o 23 do mesmo mes o prazo de matrícula nas Escolas Culturais Municipais. As persoas interesadas en acudir deben inscribirse nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 e os sábados de 10.00 a 13.00, podendo solicitar máis información ao respecto chamando ao número de teléfono 981 391 144 (extensión 2806) ou a través do correo electrónico: mc.blanco@naron.gal, tal e como explicou a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro. As clases do vindeiro curso iniciaranse o 2 de outubro deste ano e rematarán o 30 de maio de 2024.
Entre a oferta das Escolas Tradicionais están as clases de Danza tradicional, Canto e pandeireta (a partir de 5 anos); Gaita, Acordeón e Percusión tradicional (a partir de 6 anos); Zanfona (dende os 8 anos); Construción de instrumentos (a partir de 16 anos) e, para os nenos e nenas de menor idade, de 3 e 4 anos, está O Recuncho dos Pequechos.
Outra das opcións a elixir son as Escolas Artísticas, donde hai novamente dúas opcións: Teatro (a partir de 4 anos) e Debuxo (a partir de 6 anos) e dende a Escola de Formación de Actores e Actrices (a partir de 16 anos), segundo e terceiro e o Practicum.
No Padroado da Cultura tamén se ofrecen clases de Bailes de salón (a partir de 4 anos).
O prezo de cada unha destas actividades é de 63,10 euros por curso a excepción de bailes de salón, que é de 31,60 euros por matrícula e unha cota de 15 euros ao mes e do segundo e terceiro curso da Escola de Formación Actoral, cuxo importe é de 208 euros por curso. As persoas que teñan tres matrículas ou máis e a unidade familiar na que se realicen tres ou máis matrículas poderán acollerse ao fraccionamento de pago, aboando o 50% no momento da matrícula e o 50% restante entre o 1 e o 15 de decembro deste ano.
O prazo de devolución de matrículas será ata o 31 de outubro deste ano, en horario de 9.00 a 13.30, tal e como se indicou.